Xa fun a marín

A B C D E F G H I J K L M N O P Q R S T U V W X Y Z 0-9

Letra de Xa fun a marín

Cantigas Populares Galegas

Xa fun a Marín, xa pasei o mar,
xa comín laranxas do teu laranxal.

Ai, Santiago para pantrigo
ai, Padrón para as empanadas,
ai, Caldas para as boas mozas,
ai, Pontevedra para damas.
Ai lalelo, ai lalalo

Ai, teño unha moza nos portos
ai, outra no Ribeiro de Avia,
ai, se a dos portos é bonita,
ai, a do Ribeiro lle gaña.
Ai lalelo, ai lalalo

Ai, esta noite e mais a outra,
ai, e mais a outra pasada,
ai, abalei unha pereira,
ai, que nunca foi abalada.
Ai lalelo, ai lalalo

Ai, eu caseime e ampareime,
ai, agora estou amparada,
ai, de solteira roupa nova,
ai, de casada remendada.
Ai lalelo, ai lalalo

Ai, un amor que me ama,
ai, outro que me dá diñeiro,
ai, outro que me desengana,
ai, ese é o verdadeiro.
Ai lalelo, ai lalalo

Letra de Xa Fun A Marín de Cantigas Populares Galegas

Todas las letras de canciones de Cantigas Populares Galegas. Letra de Xa Fun A Marín de Cantigas Populares Galegas y muchas más en SigueLaLetra
Podrás consultar todas las letras que quieras, añadirlas a tus letras favoritas y compartirlas con tus amigos.

Usamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies.

Aceptar Más información