Letra de Unha noite na eira do trigo
Cantigas Populares Galegas
Unha noite na eira do trigo
ó refrexo do branco luar
unha nena choraba sin trégolas
os desdés dun ingrato galán.
I a coitada entre queixas decia,
"xa no mundo non teño ninguén,
vou morrer e non ven os meus ollos
os olliños do meu doce ben".
Os seus ecos de malenconía
camiñaban nas alas do vento
i o lamento repetía:
"vou morrer e non vén o meu ben!".
Lonxe dela, de pé sobre a popa
dun aleve negreiro vapor
emigrado, camiño de America
vai o pobre, infelís amador.
I ó mirar ás xentís anduriñas
cara á terra que deixa cruzar:
" quen pudera dar volta - pensaba-,
quen pudera convosco voar!".
Mais a aves i o buque fuxían
sin ouír seus amargos lamentos;
solo os ventos repetían:,
"quen pudera convosco voar!"
Noites craras de aromas e lúa
desde entón que tristeza en vós hai
prós que viron chorar unha nena
prós que viron un barco marchar!
Dun amor celestial verdadeiro
quedou solo de bágoas a proba
unha cova nun outeiro
i on cadavre no fondo do mar.
ó refrexo do branco luar
unha nena choraba sin trégolas
os desdés dun ingrato galán.
I a coitada entre queixas decia,
"xa no mundo non teño ninguén,
vou morrer e non ven os meus ollos
os olliños do meu doce ben".
Os seus ecos de malenconía
i o lamento repetía:
"vou morrer e non vén o meu ben!".
Lonxe dela, de pé sobre a popa
dun aleve negreiro vapor
emigrado, camiño de America
vai o pobre, infelís amador.
I ó mirar ás xentís anduriñas
cara á terra que deixa cruzar:
" quen pudera dar volta - pensaba-,
quen pudera convosco voar!".
Mais a aves i o buque fuxían
sin ouír seus amargos lamentos;
solo os ventos repetían:,
"quen pudera convosco voar!"
Noites craras de aromas e lúa
desde entón que tristeza en vós hai
prós que viron chorar unha nena
prós que viron un barco marchar!
Dun amor celestial verdadeiro
quedou solo de bágoas a proba
unha cova nun outeiro
i on cadavre no fondo do mar.
Letra de Unha Noite Na Eira Do Trigo de Cantigas Populares Galegas
Todas las letras de canciones de Cantigas Populares Galegas. Letra de Unha Noite Na Eira Do Trigo de Cantigas Populares Galegas y muchas más en SigueLaLetra
Podrás consultar todas las letras que quieras, añadirlas a tus letras favoritas y compartirlas con tus amigos.