Letra de Terra
Luar Na Lubre
Ainda hoxe queda xente
que sabe sentir a terra.
Queda aínda quen comprende
canto pode aprender dela.
E non existe o silencio
todo está cheo de sons
canta o río brúa o vento
todo fala ó teu redor
I é preciso que entendas
o que intúes no interior,
somos parte desta terra
porque terra somos nós
Somos coma o vento
que peitea a herba
gardando os segredos
dos confíns da terra
Somos coma as pedras
que o tempo moldea
envoltas nas néboas
dos confíns da terra
Somos coma o lume
que dá luz nas tebras
i esperta as conciencias
dos confíns da terra
que sabe sentir a terra.
Queda aínda quen comprende
canto pode aprender dela.
E non existe o silencio
todo está cheo de sons
canta o río brúa o vento
todo fala ó teu redor
I é preciso que entendas
somos parte desta terra
porque terra somos nós
Somos coma o vento
que peitea a herba
gardando os segredos
dos confíns da terra
Somos coma as pedras
que o tempo moldea
envoltas nas néboas
dos confíns da terra
Somos coma o lume
que dá luz nas tebras
i esperta as conciencias
dos confíns da terra
Letra de Terra de Luar Na Lubre
Todas las letras de canciones de Luar Na Lubre. Letra de Terra de Luar Na Lubre y muchas más en SigueLaLetra
Podrás consultar todas las letras que quieras, añadirlas a tus letras favoritas y compartirlas con tus amigos.