Se queres a boa moza

A B C D E F G H I J K L M N O P Q R S T U V W X Y Z 0-9

Letra de Se queres a boa moza

Cantigas Populares Galegas

Se queres a boa moza
non vaias á romaría,
vaina buscar á súa casa
con roupa de cada día.

Aí che vai, Maruxiña, aí che vai,
aí che vai , aí che vai, Maruxiña!
no curral de teu pai,
no curral de teu pai
encirráronme o can,
e saíu a miña sogra
cunha tranca na man,
cunha tranca na man
e un zapato no pé,
ela quéreme mal
e eu ben sei por que é!

Se queres a boa moza
non vaias por ela á feira,
vaina buscar á súa casa
o día da sementeira.

Aí che vai, Maruxiña, aí che vai,
aí che vai , aí che vai, Maruxiña!
no curral de teu pai,
no curral de teu pai
encirráronme o can,
e saíu a miña sogra
cunha tranca na man,
cunha tranca na man
e un zapato no pé,
ela quéreme mal
e eu ben sei por que é!

Se chove deixa chover,
se orballa deixa orballar,
eu ben sei dun abriguiño
onde me hai de ir abrigar

Aí che vai, Maruxiña!
O caravel cando nace
de pequeniño recende,
non hai cousa máis humilde
có amor cando pretende

Letra de Se Queres A Boa Moza de Cantigas Populares Galegas

Todas las letras de canciones de Cantigas Populares Galegas. Letra de Se Queres A Boa Moza de Cantigas Populares Galegas y muchas más en SigueLaLetra
Podrás consultar todas las letras que quieras, añadirlas a tus letras favoritas y compartirlas con tus amigos.

Usamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies.

Aceptar Más información