Para vir a xunta min

A B C D E F G H I J K L M N O P Q R S T U V W X Y Z 0-9

Letra de Para vir a xunta min

Cantigas Populares Galegas

Para vir a xunta min,
para vir a xunta min,
vai lava-la cara,
vai lava-la cara, galopín!

Miña nai por me casare,
ofreceume canto tiña,
agora que estou casado,
pagoume cunha galiña,
pagoume cunha galiña,
ailalelo, ailalalo!

Para vir a xunta min,
para vir a xunta min,
vai lava-la cara,
vai lava-la cara, galopín!

Túa nai e mais a miña
quedan no río berrando
por culpa dunha galiña,
que ten amores cun galo,
que ten amores cun galo,
ailalelo, ailalalo.

Para vir a xunta min,
para vir a xunta min,
vai lava-la cara,
vai lava-la cara, galopín!

Eu queríame casare,
miña nai non teño roupa
casa, miña filla, casa,
que unha perna tapa a outra.

Para vir a xunta min,
para vir a xunta min,
vai lava-la cara,
vai lava-la cara, galopín!

Eu queríame casare,
miña nai dime que é cedo,
ela como está casada,
non sabe as ganas que eu teño.

Para vir a xunta min,
para vir a xunta min,
vai lava-la cara,
vai lava-la cara, galopín!

Letra de Para Vir A Xunta Min de Cantigas Populares Galegas

Todas las letras de canciones de Cantigas Populares Galegas. Letra de Para Vir A Xunta Min de Cantigas Populares Galegas y muchas más en SigueLaLetra
Podrás consultar todas las letras que quieras, añadirlas a tus letras favoritas y compartirlas con tus amigos.

Usamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies.

Aceptar Más información