O verdegaio

A B C D E F G H I J K L M N O P Q R S T U V W X Y Z 0-9

Letra de O verdegaio

Cantigas Populares Galegas

As penas do verdegaio
son verdes e amarelas,
non me toques, senón caio
non me rompas as canelas.

A do verdegaio, a do ras-tras-tras,
quero o meu amor, quero o meu rapaz,
a do verdegaio, a do rus-trus-trus,
quero o meu amor, quero o meu Xesús.

Vai tu, vai tu, vai ela, vai tu prá casa dela (BIS).
É do meu gosto, é da miña opiniao,
é da madeira máis fina, da raíz do coraçao.

Anibía i anubía
i anque anubía non chove,
o meu amor está malo,
anque está malo non morre.

Oh, señora Ana, señora María,
o seu galo canta e o meu asubía.
oh, señora Ana, o seu galo ve
unha latadiña na cara do meu.

Vai tu, vai tu, vai ela, vai tu prá...

Meu caño, meu cañotiño,
todos te chaman pequeno,
a min me pareces grande
co cariño que che teño.

A do verdegaio, a do ras-tras-tras,
quero o meu amor, quero o meu rapaz,
a do verdegaio, a do rus-trus-trus,
quero o meu amor, quero o meu Xesús.

Vai tu, vai tu, vai ela, vai tu prá...

Letra de O Verdegaio de Cantigas Populares Galegas

Todas las letras de canciones de Cantigas Populares Galegas. Letra de O Verdegaio de Cantigas Populares Galegas y muchas más en SigueLaLetra
Podrás consultar todas las letras que quieras, añadirlas a tus letras favoritas y compartirlas con tus amigos.

Usamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies.

Aceptar Más información