Letra de O cantar do arrieiro
Cantigas Populares Galegas
O cantar do arrieiro
éche un cantar moi baixiño;
cántano en Ribadavia
resoa no Carballiño.
Barqueiros de Ribadavia
vídeme pasar a min
que veño de santa Rosa
e vou pró san Agustín.
Santo Hadrián é barqueiro
barqueiro é santo Hadrián;
santo Hadrián é barqueiro
que leva o remo na man.
Desoutro lado do río
teño unha parriña de uvas
e o barqueiro non me pasa,
e elas caen de maduras
éche un cantar moi baixiño;
cántano en Ribadavia
resoa no Carballiño.
Barqueiros de Ribadavia
vídeme pasar a min
que veño de santa Rosa
e vou pró san Agustín.
Santo Hadrián é barqueiro
santo Hadrián é barqueiro
que leva o remo na man.
Desoutro lado do río
teño unha parriña de uvas
e o barqueiro non me pasa,
e elas caen de maduras
Letra de O Cantar Do Arrieiro de Cantigas Populares Galegas
Todas las letras de canciones de Cantigas Populares Galegas. Letra de O Cantar Do Arrieiro de Cantigas Populares Galegas y muchas más en SigueLaLetra
Podrás consultar todas las letras que quieras, añadirlas a tus letras favoritas y compartirlas con tus amigos.