Letra de Mondariz-balneario
Ataque Escampe
Onte fun andar pola beira do Sil e pensei que a vida é como un río. Había tempo que non ía por alí e continúa todo igual de aburrido: pais contra pais á saída dos colexios, nenos que van pelexar cos seus amigos. Xa non teño Facebook para poñerme a espiar (o persoal é moi presumido) nin espazo para arquivos ilegais, documentais de Estados Unidos: Napoleón na pirámide de Keops, as dimensións do espazo infinito. E cando trato de ser eu mesmo, mexa un can negro no meu portal. Por min non conspirará o universo. E asumo xa que a felicidade non chegará xamais. Teño un cravo tan cravado no corazón que con razón me doe sempre o peito, teño sempre unha constante preocupación por ir por diante do que vai sucedendo. Sorte fatal a que vai sempre comigo. Cal é o mal que me vén de nacemento? Pero por máis que o desexe forte, nunca son quen de sentirme ben. No tarot sempre me sae a morte.
E cando vou contigo pasar unha fin de semana ao balneario de Mondariz-Balneario de retiro espiritual, tamén.
E cando vou contigo pasar unha fin de semana ao balneario de Mondariz-Balneario de retiro espiritual, tamén.
Letra de Mondariz-Balneario de Ataque Escampe
Todas las letras de canciones de Ataque Escampe. Letra de Mondariz-Balneario de Ataque Escampe y muchas más en SigueLaLetra
Podrás consultar todas las letras que quieras, añadirlas a tus letras favoritas y compartirlas con tus amigos.