Foliada do rueiro

A B C D E F G H I J K L M N O P Q R S T U V W X Y Z 0-9

Letra de Foliada do rueiro

Cantigas Populares Galegas

Santiago de Compostela
moi mollada tes que estar,
moi mollada tes que estar,
por un lado te-lo Sar,
polo outro o Sarela,
polo outro o Sarela,
aialelo aialalo.

Fun polo Rueiro, fun por Figueiriñas,
fun e no camiño unha moza atopei,
non sei se unha fada ou unha meiga sería
pois daquela moza eu me namorei.

Desde Lermo ata o Rueiro
serpentea maino o río,
desde Lermo ata o Rueiro
tamén eu serpenteaba
tras dun amor verdadeiro,
tras dun amor verdadeiro,
aialelo aialalo.

Fun polo Rueiro, fun por Figueiriñas,
fun e no camiño unha moza atopei,
non sei se unha fada ou unha meiga sería
pois daquela moza eu me namorei.

Unha noite de trebóns
pasei a ponte do Carmen,
unha noite de trebóns
e tan cheo o río iba
que me mollei os calzóns
que me mollei os calzóns
aialelo aialalo.

Fun polo Rueiro, fun por Figueiriñas,
fun e no camiño unha moza atopei,
non sei se unha fada ou unha meiga sería
pois daquela moza eu me namorei.

Letra de Foliada Do Rueiro de Cantigas Populares Galegas

Todas las letras de canciones de Cantigas Populares Galegas. Letra de Foliada Do Rueiro de Cantigas Populares Galegas y muchas más en SigueLaLetra
Podrás consultar todas las letras que quieras, añadirlas a tus letras favoritas y compartirlas con tus amigos.

Usamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies.

Aceptar Más información