Letra de Carballeira de san xusto
Cantigas Populares Galegas
Carballeira de San Xusto,
Carballeira derramada (enramada),
naquela carballeiriña,
perdín a miña navalla.
Perdín a miña navalla,
máis valera non perdela,
fíxenme de alí veciño
e casei con Rafaela.
Carballeira de Tenorio,
heina de mandar cortare
cando vou pra Pontevedra,
non deixa ve-lo mare.
Unha nena me pediu
Zapatos de chocolate,
cunhas fibelas de azucre;
Mire usté que disparate!
Aldeíña de Baldaio,
aldea de poucos homes,
e aqueles poucos que quedan
chámanlles remendafoles.
Se soubera que ti viñas,
como de certo viñeches,
mandaba alfombra-la rúa
cun ramiño de alcipreste.
Carballeira derramada (enramada),
naquela carballeiriña,
perdín a miña navalla.
Perdín a miña navalla,
máis valera non perdela,
fíxenme de alí veciño
e casei con Rafaela.
Carballeira de Tenorio,
cando vou pra Pontevedra,
non deixa ve-lo mare.
Unha nena me pediu
Zapatos de chocolate,
cunhas fibelas de azucre;
Mire usté que disparate!
Aldeíña de Baldaio,
aldea de poucos homes,
e aqueles poucos que quedan
chámanlles remendafoles.
Se soubera que ti viñas,
como de certo viñeches,
mandaba alfombra-la rúa
cun ramiño de alcipreste.
Letra de Carballeira De San Xusto de Cantigas Populares Galegas
Todas las letras de canciones de Cantigas Populares Galegas. Letra de Carballeira De San Xusto de Cantigas Populares Galegas y muchas más en SigueLaLetra
Podrás consultar todas las letras que quieras, añadirlas a tus letras favoritas y compartirlas con tus amigos.