Beizos

A B C D E F G H I J K L M N O P Q R S T U V W X Y Z 0-9

Letra de Beizos

Ruxe-Ruxe

Un universo tan lonxe
unha liña no horizonte
unha viaxe tan incerta
unha estrela que se alonxa

Unha tormenta de area
unha luz que nos lastima
unha canción que se acaba
outro tempo que termina

E a vida nunha conta atrás
que ninguén poderá parar
só os teus beizos
sobre os meus beizos,
só os teus beizos

Sae o sol polos campeiros,
cheira a verde clorofila
Veñen de camiño os soños
polo abrente do día

Sae a lúa nos outeiros
é hora de vagalumes
Caen folerpas de cores
incontables son as luces

E a vida nunha conta atrás
que ninguén poderá parar
só os teus beizos
sobre os meus beizos,
só os teus beizos Rompe a liña do tempo
oénse tronos dende a fiestra,
están ouveando os lobos
xa está tocando a orquestra

A vida nun mundo estraño
dende aquí ao infinito
Estou soñando, estou esperto?
Son mortal ou son eterno?

E a vida nunha conta atrás
que ninguén poderá parar
só os teus beizos
sobre os meus beizos,
só os teus beizos

E a vida nunha conta atrás
que ninguén poderá parar
só os teus beizos
sobre os meus beizos,
só os teus beizos

Letra de Beizos de Ruxe-Ruxe

Todas las letras de canciones de Ruxe-Ruxe. Letra de Beizos de Ruxe-Ruxe y muchas más en SigueLaLetra
Podrás consultar todas las letras que quieras, añadirlas a tus letras favoritas y compartirlas con tus amigos.

Usamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies.

Aceptar Más información