Amarás miña terra (en gallego)

A B C D E F G H I J K L M N O P Q R S T U V W X Y Z 0-9

Letra de Amarás miña terra (en gallego)

Lucía Pérez

Falando e falando xa sabes de min
Que veño de lonxe, o mesmo que ti
Que cando o meu cuarto xa queda pequeno
Pechando os meus ollos nos soños esperto
Por verdes paisaxes xunto a un mar azul

Quixera traelos aquí xunto a ti
Para que poideses conmigo sentir
Sentir a humidade que hai baixo das follas
E ver que tamén ti namóraste e soñas
Con non saír nunca de alí

Se me queres a min amarás miña terra
Xa virás algún día ver onde eu nacín
Se desexas amor e as miñas caricias
Voarás ó meu lado e amarás ti tamén
A miña Galicia

Falando e falando quéroche contar
Que eu me imaxino podendo voar
E como nun conto bogando nos ríos
Teu mundo e o meu mundo por sempre fundidos
E xuntos de novo soñar Se me queres a min amarás miña terra
Xa virás algún día ver onde eu nacín
Se desexas amor e as miñas caricias
Voarás ó meu lado e amarás ti tamén
A miña Galicia, a miña Galicia

Se me queres a min amarás miña terra
Xa virás algún día ver onde eu nacín
Se desexas amor e as miñas caricias
Voarás ó meu lado e amarás ti tamén
A miña Galicia, a miña Galicia

A miña Galicia

Letra de Amarás miña terra (en gallego) de Lucía Pérez

Todas las letras de canciones de Lucía Pérez. Letra de Amarás miña terra (en gallego) de Lucía Pérez y muchas más en SigueLaLetra
Podrás consultar todas las letras que quieras, añadirlas a tus letras favoritas y compartirlas con tus amigos.

Usamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies.

Aceptar Más información