Letra de Adiós ríos, adiós fontes
Lucía Pérez
Adiós ríos, adiós fontes, adiós regatos pequenos
Adiós vista dos meus ollos, non sei cando
Non sei cando nos veremos
Miña terra, miña terra, terra donde me eu criei
Hortiña que quero tanto, figueiriñas que prantei
Prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento
Paxariños piadores, casiña do meu contento
Muíños dos castañares, noites claras de luar
Campaniñas timbradoiras da igrexiña do lugar
Amoriñas das silveiras que eu lle daba ó meu amor
Caminiños entre o millo, adiós, para sempre, adiós
Adiós gloria, adiós contento, deixo a casa onde nacín
Deixo a aldea que conozo por un mundo que non vín
Deixo amigos por extraños, deixo a veira polo mar
Deixo, en fin, canto ben quero, quén puidera non deixar
Adiós, adiós, que me vou, herbiñas do camposanto
Donde meu pai se enterrou, herbiñas que biquei tanto
Terriña que nos criou Xa se oien lonxe, moi lonxe as campanas do Pomar
Para min, ai, coitadiño nunca máis han de tocar
Xa se oien lonxe, máis lonxe, cada balada é un delor
Voume soio, sin arrimo, miña terra, adiós, adiós
Adiós tamén queridiña, adiós por sempre quizai
Dígoche este adiós chorando dende a beiriña do mar
Non me olvides, queridiña, si morro de soidás
Tantas légoas mar adentro, miña casiña, meu lar
Adiós ríos, adiós fontes, adiós regatos pequenos
Adiós vista dos meus ollos, non sei cando nos veremos

Letra de Adiós ríos, adiós fontes de Lucía Pérez
Todas las letras de canciones de Lucía Pérez. Letra de Adiós ríos, adiós fontes de Lucía Pérez y muchas más en SigueLaLetra
Podrás consultar todas las letras que quieras, añadirlas a tus letras favoritas y compartirlas con tus amigos.